O martes de Guadalupe á noitiña, a Asociación A Vella Escola ofreceu unha exhibición de freestyle tras do obradoiro de Breakdance. Na amplicación da noticia, tres videos:
Empezan a chegar fotos e vídeos da edición 2009 das Festas da Guadalupe. Un dos vídeos que non pode faltar é o do canto da Rianxeira coas Bengalas, que a pesar da choiva ata poucos minutos antes estivo tan ateigado coma sempre.
Van dous vídeos, para ver o segundo preme en ampliar
Neste primeiro vídeo canta a orquestra Océano, palco dende o que foi gravado:
Hai 4 comentarios sobre esta noticia
De novo temos que pedir disculpas. Varios usuarios avisáronnos de que o sistema de rexistro para poder participar neste web tiña un fallo que impedía completar o proceso de alta. Xa está solucionado, disculpade as molestias.
Rematadas as Festas da Guadalupe 2009, empeza xa o traballo para o ano que vén, empezando pola reserva de datas para as orquestras. Graciñas por todos os comentarios recibidos tanto neste web coma de palabra, tentaremos ter en conta as opinións maioritarias (xa que todas é imposible), e ante todo graciñas por facer posible as Festas da Guadalupe nun ano tan complicado, pero é o que dicimos sempre: a festa existe porque vós a facedes posible.
Aos poucos iremos colgando videos e fotos desta edición. Agardamos tamén as vosas aportacións.
Accede a http://www.guadaluperianxo.org/live/ para ver a retransmisión 24 horas ao día!
Segundo Accuweather, que soe predicir bastante ben a nivel mundial, sempre tendo en conta a fiabilidade das predicións a 15 días, o tempo durante as festas ha ser soleado, con algunhas nubes altas e temperaturas agradables.
A revista das Festas da Guadalupe que estaba dispoñible nesta web para descarga tiña algúns erros e estaba incompleta. A versión corrixida está agora dispoñible, sendo ademais máis lixeira cá anterior versión.
O venres 11 o inicio da edición deste ano das festas da Guadalupe será algo diferente. Ao estar en obras a Casa Consistorial, o pregón darase dende o escenario cun Cantar de Cego a cargo de Carlos do Viso. Despois do concerto de Chotokoeu, o DJ que amenizará a velada será o rianxeiro BRUNO DJ, de sobra coñecido pola comarca por ser un dos DJs habituais en varias festas ao longo do ano.
A Comisión de Juadalupeñas acaba de anunciar os grupos que participarán na edición deste ano do Rock in Rian. Terá lugar o sábado 12 de setembro na zoa do Parque de Galiza, e coma novidade nesta edición, antes dos concertos, que empezarán ás 23.30 horas, celebrarase unha foliada coa participación de varias asociacións e músicos locais, a partir das 20.30.
O Rianxo Rock celebrarase finalmente. Aínda que nalgún momento peligrou, debido á non asistencia das peñas ás reunións convocadas, a Comisión de Juadalupeñas tomou a decisión de arriscarse a celebralo, e máis de incluír algunha sorpresa que, xunto co cartel, axiña daremos a coñecer.
1 2 3 4