Porque cando se achega o tempo da festa non poñedes carteis polas parroquias para que a xente se anime a contribuir? Xa sabemos que cada parroquia ten as súas propias festas e nalgunhas págase máis que na propia Guadalupe, mais hai xente que colaboraría seguramente
A Moreniña(Comisión de Festas):
A Comisión de Festas, persoalmente, non reparte por moitos lugares fóra da parroquia de Rianxo, é a xente de moitos lugares quen nos vén pedir carteis para poñer aquí e acolá. Sacando os envíos de carteis e libros que se fan a asociacións amigas (Guadalupe en Cáceres, Sevilla, Hondarribia...), a Asociación "A Moreniña" non ten dispoñibilidade para repartir por todos lados. De todas formas tomamos nota e tentaremos poñer máis carteis polas parroquias.
Eu tamén quero aproveitar para darvos a noraboa polas grandes festas que organizades. É moito traballo e de seguro que tendes máis dun disgusto e as críticas nunca sobran. Creo que foi un acerto facer cambios de última hora coma traer a orquestra Aché (a min gustoume moito) e animaría á xente que é doutras parroquias de fóra de Rianxo a que fixeran unha pequena contribución económica, xa que todos disfrutamos das festas. Eu, a pesar de ser do Araño, dende o ano pasado tamén poño o meu gran de area, porque como moitos outros rianxeiros espero todo o ano a que chegue a Guadalupe. Un saúdo.
A Moreniña(Comisión de Festas):
Graciñas. Hai xente das parroquias que fai aportación, coma ti. Téñennos comentado que tiñamos que cobrar polas parroquias, pero entendemos que non nos corresponde, por herdanza de tradicións que non é sinxelo cambiar. Preferimos manter o sistema de aportación voluntaria.
Felicidades polas festas dete ano, foron moi boas, coma sempre. Un saúdo!
A Moreniña(Comisión de Festas):
Graciñas, é reconfortante ler opinións favorables ente tanta crítica. Un saúdo.
Este ano celébrase o concurso fotográfico? é que non atopei ningún cartel, nin o vexo anunciadom na web
A Moreniña(Comisión de Festas):
Este ano non foi convocado concurso algún debido á baixa participación da edición anterior. Ademais, a entidade convocante (Rede de Dinamización da Sociedade da Información) xa non opera en Rianxo na actualidade.
Porque non se prohibe no Feirón Mariñeiro todo o plastico e se obrigue a servir en barro, cuncas tipicas, etc...? Porque queda feisimo o plastico que servian en algunhas canteiras! Un saudo. PD: asi fan en algunha feira medieval(Pontevedra)!
A Moreniña(Comisión de Festas):
Tes toda a razón, e vistos os reiterados incumprimentos que este ano houbo das normas do Feirón para os produtos gastronómicos, a organización decidiu endurecer os requirimentos para este tipo de postos de cara á vindeira edición. Grazas pola túa aportación.
¿Hai zona para acampar cerca da festa?
A Moreniña(Comisión de Festas):
Non. O único lugar habilitado para acampar é o Camping Rianxo, situado preto da praia de Tronco.
Quen vai dar o pregón este ano?
A Moreniña(Comisión de Festas):
Se consultas o blog ou a sección de Última Hora, verás que xa demos resposta a esta pregunta. O pregón darao Carlos do Viso, en forma dun cantar de cego.
Qué día se canta a Virxe de Guadalupe
A Moreniña(Comisión de Festas):
Se te refires á cantata de A Rianxeira coas bengalas, é o último día das festas, o venres 18, ás 2 da mañá. Consulta a programación.
a miña pregunta e si se podria cantar a rianxeira o xoves as duas da maña para os rianxeiros ainda q despois se cante o vernes coin bengalas pero polo menos estar tranquilos o xoves e disfrutar cos amigos na plaza cantandoa
A Moreniña(Comisión de Festas):
Non é mala idea, pero o lugar para propor as vosas ideas é a sección "ideas".
por que a orquesta aché non aparece no cartel das festas se leba 7 meses contratada?? ten algo que ver o que sea a unica orquesta que non e de Lito??
A Moreniña(Comisión de Festas):
Foi un erro á hora de confeccionar o cartel. A orquestra Blue Star ía ser a que dese a sesión vermú, e a orquestra Aché (que, efectivamente, é a única que non é de Espectáculos Lito) estaría á noite xunto coa Olympus. Por un erro da comisión, ao facer o cartel guiámonos polo contrato con Espectáculos Lito, co que se omitiu sen querer a orquestra Aché. Pedimos disculpas.
1 2 3