Rexistro de usuario
Podes rexistrarte libremente para engadir os teus propios contidos á web (fotos, opinións, comentarios...),
pero o rexistro implica a aceptación das seguintes condicións de uso:
-
A Asociación "A Moreniña" resérvase o dereito a non publicar, editar ou retirar calquera contido
non axeitado, sempre baixo criterios propios pero responsables e sen ter que dar explicacións.
-
SÓ SE PERMITIRÁN contidos, comentarios e opinións que estean relacionados dalgunha maneira
únicamente coas festas da Guadalupe de Rianxo.
-
Os contidos publicados pasarán a ser de dominio público. A Asociación "A Moreniña" non reclamará
ningún tipo de dereito sobre os contidos, e tampouco o poderá facer quen os publique.
-
A Asociación "A Moreniña" atenderá a calquera demanda de violación de dereitos de reprodución de imaxes ou textos,
así como todas aquelas demandas de retirar contidos que poidan ser considerados inoportunos, irrelevantes, ofensivos
ou pertencentes á vida privada das persoas, así como de contidos comprometidos ou relacionados con menores de idade.
-
A Asociación "A Moreniña" quere garantir a liberdade de expresión, sendo o límite desta liberdade de expresión
a liberdade de terceiras persoas á intimidade e á dignidade, así como á legalidade vixente; a Asociación será
garante de que estes requirimentos sexan cumpridos.
-
En todo caso, a responsabilidade dos contidos publicados recaerá sempre na persoa que publique o contido, e a
Asociación "A Moreniña" non se fai responsable das opinións de terceiros.
-
Chamamos a un uso responsable desta ferramenta de comunicación e colaboración cidadá. Se aceptas publicar
contidos, aceptas implícitamente coidar destas normas.